Linguas illadas
Unha lingua illada é unha lingua natural para a que non se probou ningún parentesco con outra lingua viva ou morta. Unha lingua illada é en principio aquela que non pertence a ningunha familia de linguas propiamente dita (é dicir, ela é o único membro da súa familia). O ainu, o vasco, o buruchasqui ou burushaski e o sumerio son exemplos de linguas clasificadas frecuentemente como illadas.
Linguas illadas e case-illadas
[editar | editar a fonte]- Pirahã. Algunhas linguas convertéronse en linguas illadas en tempos históricos tras a desaparición de todas as demais linguas da familia. Un exemplo é o pirahã, lingua do Brasil, último sobrevivente da familia mura de linguas.
- Vasco. Outro caso de linguas illada é o do vasco moderno.
- Etrusco.
- Sumerio.
Parentesco
[editar | editar a fonte]O termo "parentesco" enténdese no sentido da lingüística histórica, que afirma que case todas as linguas faladas no mundo poden ser agrupadas segundo a súa procedencia histórica nun número relativamente pequeno de familias. Así, por exemplo, o español está relacionado con outras linguas indoeuropeas como o inglés ou o hindí derivando todas elas dunha lingua común, chamada ás veces protoindoeuropeo. Doutra banda, o chinés mandarín, o tibetano, o birmano ou outras linguas sino-tibetanas resultaron da evolución histórica dunha lingua común. Segundo este criterio, unha lingua illada constitúe unha familia por si soa, o que explica o interese excepcional que espertan entre os lingüistas.
Buscando parentescos
[editar | editar a fonte]É posible que todas as linguas faladas actualmente no mundo estean relacionadas ao descender dunha única lingua ancestral (aínda que o caso do lingua de acenos de Nicaragua suxire que baixo certas circunstancias e estímulos adecuados pode xurdir unha lingua nova quasi ex nihilo). As familias de linguas establecidas serían nese caso soamente as ramas superiores da inmensa árbore de todas as linguas.
Esta é unha das razóns polas que se realizaron incontables estudos buscando emparentar estas linguas. Así, por exemplo, o Vasco foi comparado con practicamente todas as familias de linguas vivas e mortas, desde o sumerio ás linguas do sur do Cáucaso sen resultados convincentes. Robert M. W. Dixon pola súa banda aplicou ideas da teoría da evolución biolóxica, en concreto da moderna teoría do equilibrio puntuado para explicar porqué aínda no caso de que todas as linguas estivesen relacionadas resulta imposible atopar parentescos recoñecibles que vaian moito máis aló de 6.000 ou 8.000 anos.
Linguas illadas
[editar | editar a fonte]De África
[editar | editar a fonte]A hipótese do grupo de linguas nilo-saharianas non é aceptado por moitos lingüistas. Moitas das linguas que se clasifican como nilo-saharianas son polo tanto a miúdo consideradas como linguas illadas.
- Hadza (a miúdo considerada como unha lingua khoisa)
- Jalaa (lingua en perigo de desaparición. Posible pertenza ao grupo níxer-congo)
- Kwadi (a miúdo considerada como unha lingua khoisa)
- Laal (a miúdo considerada como unha lingua níxer-congo)
- Mekejir ou Shabo (a miúdo considerada como unha lingua nilo-sahariana)
- Meroítico (lingua morta falada na antiga Meroé, no reino de Nubia; existen intentos de relacionala coas linguas nilo-saharianas)
- Ongota ou Birale (practicamente desaparecida -no ano 2000, 8 falantes. A miúdo considerada como unha lingua afroasiática)
- Sandawe (a miúdo considerada como unha lingua khoisa)
De América
[editar | editar a fonte]- Andoque
- Camsá
- Cayubaba
- Itonama
- Kawésqar
- Kutenai
- Mapudungun
- Pankararu
- Pirahã (as demais linguas emparentadas desapareceron recentemente)
- Puelche
- Puinave
- Purépecha
- Seri
- Taiap
- Ticuna
- Tol
- Tuxa
- Uranina
- Warao
- Yámana
- Yuchi
- Yuracare
- Zuni (6,413 falantes en 1980)
Véxase tamén: Linguas andinas, Linguas setentrionais (andinas)
De Asia
[editar | editar a fonte]- Ainu (lingua en perigo de desaparición)
- Buruchasqui ou buruchaski
- Coreano (existen posibles relacións co xaponés. Tamén existen discusións sobre a súa pertenza á familia altaica)
- Lingua xaponesa.
- Chukotko-Kamchadka (linguas das chamadas paleosiberianas)
- Elamita (lingua morta falada no imperio Elamita; algunhas teorías relaciónana coa linguas dravídicas)
- Ket ou ieniseianas (non existen parentes vivos. lingua das chamadas paleosiberianas. Hai intentos de emparentar a lingua co buruchasqui e coas linguas sino-tibetanas)
- Nahali (lingua en perigo de desaparición)
- Nivkh ou gilyak (lingua das chamadas paleosiberianas)
- Sumerio (lingua morta falada no imperio do antigo Sumer)
- Yucaguir (lingua das chamadas paleosiberianas)
De Australia e Nova Guinea
[editar | editar a fonte]Moitas das linguas de Papúa aínda teñen que ser estudadas con profundidade, polo que moitas son consideradas linguas illadas. O mesmo é válido para Australia, xa que as familias lingüísticas propostas aínda non están probadas suficientemente.
De Europa
[editar | editar a fonte]- Vasco (descendente, do mesmo xeito que a lingua aquitana do norte dos Pireneos, da lingua protovasca). Tamén se segue discutindo a súa relación coa lingua ibérica)
- Ibérico (lingua morta paleohispánica que aínda non foi traducida)
- Tarteso (lingua morta paleohispánica que aínda non foi traducida)
- Etrusco, lingua morta do centro de Italia, aínda que se apuntou que podería estar emparentado coa rética.
- Picto (lingua morta de Escocia que sobreviviu ata o século VIII)
Lingua illada lingüisticamente e lingua illada xeograficamente
[editar | editar a fonte]Non se debe confundir o concepto de lingua illada cunha lingua que está illada, ben porque ten pouco contacto con outras culturas (como a lingua da illa de Pascua) ou ben porque está moi afastada doutras linguas relacionadas (como é o caso da lingua malgaxe de Madagascar cuxos parentes mais próximos atópanse no sueste asiático).